Benvid@as

Ola, muiñeiros e muiñeiras!

Este blog é obra da Comisión de Actividades Extraescolares do CEIP dos Muíños (Muxía). Nel atoparedes a programación e calendario das actividades e conmemoracións do cole. Está dirixido a toda a comunidade educativa e hai sitio para todos e todas. Benvid@s!!

Sáida a Muxía

domingo, 8 de abril de 2012

Día mundial da saúde: 7 de abril.


Dende o pasado 7 de abril temos un recuncho na biblioteca adicado ao día mundial da saúde. A menciñeira Isabel deixou para todos vós libros, herbas, remedios naturais... Porque a mellor medicina consiste en coidar a saúde cando a temos.

martes, 6 de marzo de 2012

21 de marzo: día da poesía.

Se ben hai unha morea de propostas dende o Niño da Curuxa para traballar esta data nas aulas, podedes atopar moi bos materiais facendo clic AQUÍ.

lunes, 5 de marzo de 2012

Día da muller (traballadora)

O día 8 de marzo celebramos o día internacional da muller (traballadora). Embaixo podedes enlazar con propostas de actividades online para tratar o tema na aula.
En común, habilitaremos un espazo onde colgar e compartir os traballos (debuxos, textos, collages...) que elaboren os nosos alumnos.




De regalo, un par de cancións: de Joan Baez, "Las madres cansadas" e "la mujer que mueve el mundo" de Presuntos Implicados



Sacapenas